A variedade de formas de vida no noso planeta ou Biodiversidade, require un bo sistema de clasificación. A disciplina que ten como obxectivo a clasificación chámase Taxonomía, e ás categorías que se crean para agrupar aos seres vivos son os taxóns. Os taxóns están xerarquizados; o de maior xerarquía , é dicir , o máis amplo, é o REINO. Existen 5 Reinos de seres vivos, cada un dos cales comprende varios TIPOS (Filum ou División), cada tipo varias CLASES, cada clase varios ORDES, cada orde varias FAMILIAS, cada familia varios XËNEROS e, finalmente, cada xénero varias ESPECIES. O actual sistema de clasificación e nomenclatura dos seres vivos debémosllo ao botánico sueco Carl Nilsson Linæus, máis coñecido como Linneo.
Preme aquí para facer un exercicio sobre as categorías taxonómicas
Imaxe tomada da Wikipedia
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.