domingo, 26 de febrero de 2012
Combustibles fósiles : o carbón
A principal fonte de enerxía primaria que sostén á nosa sociedade son os combustibles fósiles: carbón, petróleo e gas natural. Un combustible é un material rico en enerxía almacenada; para poder utilizar esa enerxía hai que queimar o combustible, pero a combustión xenera vapor de auga o dióxido de carbono, que son gases invernadeiro. O primeiro combustible fósil que a humanidade empregou a gran escala foi o carbón. Foi a enerxía proporcionada polo carbón a que nos permitiu entrar na era industrial e, ainda hoxe , a maior parte da electricidade que se produce no mundo procede da queima de carbón en centrais térmicas.
Para sabeir máis sobre o carbón , a súa extracción e o seu uso, preme na seguinte ligazón:
O carbón e as centrais térmicas
Para sabeir máis sobre o carbón , a súa extracción e o seu uso, preme na seguinte ligazón:
O carbón e as centrais térmicas
O efecto invernadeiro
O efecto invernadeiro é un fenómeno natural
que permite manter a atmosfera terrestre a unha temperatura media global duns 15ºC ; de non existir , a temperatura media global da Tera sería duns -18ºC . Os principais gases causantes do efecto invernadeiro -chamados gases invernadeiro- son o vapor de auga, o dióxido de carbono (CO2) eo metano (CH4). Como funciona o efecto invernadeiro?
Os movementos da Terra e as estacións
Déixovos agora unha estupenda animación sobre os movementos de rotación e traslación do noso planeta no que se pode apreciar o efecto destes movementos xunto co da inclinación do eixe de rotación na alternancia luz-escuridade e na sucesión de estacións. A animación procede dunha web de Chile, así que está feita dende a perspectiva dos habitantes do hemisferio sur (lembrade que cando alí é verán, aquí é inverno e viceversa)
ver animación
Por se no vos chega, aquí tedes unhas cantas animacións máis, disfrutádeas!
Solsticios e equinoccios
Classzone
Earth's orbit and daylight
Seasons and ecliptic simulator
ver animación
Por se no vos chega, aquí tedes unhas cantas animacións máis, disfrutádeas!
Solsticios e equinoccios
Classzone
Earth's orbit and daylight
Seasons and ecliptic simulator
Etiquetas:
Astronomía,
Día e noite,
Estacións,
Movementos da Terra,
Rotación,
Terra,
Terra no espazo,
Traslación
Máis sistema solar
Déixovos máis ligazóns sobre o sistema solar. A primeira da listaxe é unha aplicación interactiva moi sinxela e entretida na que atoparedes os datos básicos sobre o sistema solar. A segunda é unha animación publicada cando se descubriu o primeiro planeta anano máis aló de Plutón, e que fixo cambiar o concepto de planeta (por certo a ese novo corpo púxoselle daquela o nome de Xena, pero posteriormente foi rebautizado como Eris). A terceira ligazón ten información xeral , moi práctrica, sobre as características dos distintos corpos do sistema solar e. A última ligazón conduce a un planetario virtual animado.
El sistema solar
Animación flash novo sistema solar
Solarviews
Virtual planetarium
El sistema solar
Animación flash novo sistema solar
Solarviews
Virtual planetarium
Etiquetas:
Animacion,
Astronomía,
Planetas,
Sistema solar,
Universo
Visor do sistema solar
Na ligazón que vos achego, tedes un visor animado e interactivo do sistema solar. Como está en inglés, tradúzovos as instruccións:
Marcando Inner solar system, veredes a parte interna do sistema solar , é dicir, os catro planetas máis próximos ao Sol. Marcando Asteroid belt, aparecerá todo o anterior (máis pequeno) , o cinto de asteroides e Xúpiter. Marcando Outer solar system veredes as órbitas dos planetas máis alonxados do Sol de modo que todo o anterior estaría entre o Sol e Xúpiter...E descubride vós o que pasa se marcades Kuiper belt e Comets.
Para que a animación vaia máis lenta premede no teclado a letra s ou S, e para que vaia máis rápido, premede a letra f ou F.
Ir ao visor do sistema solar

Animaciones,
Astronomía,
Planetas,
Sistema solar,
Universo
Suscribirse a:
Entradas (Atom)