Unha das características comúns dos seres vivos é a de estaren formados por unhas unidades vivas básicas chamadas células. As células son moi pequenas, polo que o seu descubrimento non se fixo antes de que algúne inventase o microscopio.
Aí van unhas preguntiñas que tedes que contestar nos comentarios:
Quen ou quenes inventaron o primeiro microscopio?
Cando en onde se inventou?
Cales son as partes máis importantes dun microscopio óptico composto e para que sirven?
Canto miden as células? con que unidade de medida se expresan as súas dimensións?