lunes, 24 de mayo de 2010

Microscopios


Unha das características comúns dos seres vivos é a de estaren formados por unhas unidades vivas básicas chamadas células. As células son moi pequenas, polo que o seu descubrimento non se fixo antes de que algúne inventase o microscopio.
Aí van unhas preguntiñas que tedes que contestar nos comentarios:

Quen ou quenes inventaron o primeiro microscopio?
Cando en onde se inventou?
Cales son as partes máis importantes dun microscopio óptico composto e para que sirven?
Canto miden as células? con que unidade de medida se expresan as súas dimensións?

jueves, 1 de abril de 2010

Diagramas climáticos


Un dos obxectivos do tema 8 é que saibades elaborar e interpretar un diagrama climático ou "climograma". Ademáis da ligazón ClimaTic, coa que traballamos na clase, tedes esta animación interactiva, onde se amosan os pasos para unha correcta elaboración dun gráfico climático.

domingo, 28 de marzo de 2010

Paseo marciano


Esta fotografía foi tomada pola sonda orbital MRO o pasado 13 de febreiro, e así aparece publicada hoxe no xornal El País. Fixádevos nese vultiño que aparece arrente o cráter: é o robot Opportunity, que percorre incansábel o chan do planeta vermello enviando os datos á Terra. Déixovos tres actividades para resolver:
1. Na actualidade hai dous robots activos máis explorando a superficie de Marte... cales son?
2. Como se chama o cráter que aparece na foto? Como se formou?
3. Que outros rasgos do relevo vedes na foto? Aseméllanse a algunha formación terrícola?

lunes, 8 de marzo de 2010

A estructura da atmosfera terrestre

Aquí tedes un par de vídeos sobre a estructura en capas da atmosfera terrestre.
Premer aquí para ver un deles, e aquí para ver outro. Nesta ligazón tedes un vídeo sobre o efecto invernadeiro
Tamén tedes este:

viernes, 5 de febrero de 2010

formación de la lluvia


una nube consiste en gran cantidad de pequeñas gotitas de agua que se forman mediante el proceso de condensación del agua contenida en la atmósfera en forma gaseosa. Esta componente, denominada vapor de agua, que no es visible en la atmósfera y cuya concentración muy pequeña es vital tanto para la generación de la precipitación como para la generación del efecto invernadero en la atmósfera.

si quieres mas informacion haz clic aquí http://www.atmosfera.cl/HTML/meteorologia/nubes5.htm



O termómetro de Galileo

lunes, 11 de enero de 2010

Diversidade da materia


A materia é diversa; coñecemos un número enorme de substancias diferentes e ademáis, cada unha delas pode presentarse en tres estados físicos diferentes: sólido, líquido e gasoso. Preme aquí e a continuación preme no botón "clasificación" do menú para repasar estes conceptos e facer unhas sinxelas actividades.

jueves, 7 de enero de 2010

Feliz ano internacional da biodiversidade


Adeus a 2009, ano de Darwin, e benvido 2010 , Ano Internacional da Biodiversidade. Charles Darwin , coa súa teoría da evolución, tentou dar resposta a preguntas como por que hai tantas especies distintas de seres vivos. Hoxe seguimos a facernos preguntas sobre a diversidade das formas de vida na Terra, mentres moitas especies desaparecen debido ao impacto das nosas actividades. Esperemos que esta celebración contribúa a que todos nos concienciemos de que cada especie é algo único e que a extinción é para sempre. A web 365especies.com proponvos coñecer cada día polo seu nome científico a unha dos millóns de especies coas que compartimos este planeta.