jueves, 7 de junio de 2012

As aves

As aves son vertebrados terrestres que teñen como característica máis salientable a súa capacidade de voar. Son tetrápodos, porque teñen 4 extremidades, pero as dianteiras están transformadas en ás. Con todo , algunhas especies de aves perderon parcial ou totalmente a súa capacidade de voar. Cando camiñan, as aves empregan ás extremidades posteriores, é dicir, son bípedas.  Teñen un peteiro córneo sen dientes, e sacos aéreos conectados cos pulmóns. Como os mamíferos, as aves son homeotermas ou endotermas e teñen o corpo envolto con plumas. Presentan fecundación interna e son ovíparas; o embrión desenvólvese nun ovo con amnios e casca ríxida. 


Nos últimos anos, os investigadores están a atopar numerosas probas de que as aves descenden de pequenos dinosauros carnívoros. De feito varias especies  de dinosauros tiñan plumas... de colores vivas!.
Anmación: Radiografía de las aves
O ovo das aves
Na imaxe Anchiornis huxleyi .... ave ou dinosauro? (imaxe tomada de http://www.cleveland.com/science/index.ssf/2010/02/the_colors_of_a_feathered_dino.html)

Mamíferos

Os mamíferos somos vertebrados terrestres, o cal implica que somos tetrápodos, temos respiración pulmonar, pel impermeable (para diminuir a perda de auga) e cuberta de pelo, e fecundación interna. Ademáis, xunto coas aves, somos homeotermos ou endotermos. A diferencia doutros vertebrados, os mamíferos somos vivíparos e as nosas crías son alimentadas durante un tempo co leite segregado polas glándulas mamarias da nai.
Algúns mamíferos desenvolveron a capacidade de voar, e outros retornaron ao medio acuático. Da maioría que habita o medio terrestre, a locomoción é cuadrúpeda, pero non faltan exemplos de locomoción bípeda.

Vertebrados

Os Vertebrados son un filo ou tipo  de animais  que se caracterizan por ter un esqueleto interno ou endoesqueleto composto por ósos ou cartílagos. O eixe do seu corpo está formado polo cráneo (caixa de ósos onde se aloxa o cerebro) e pola columna vertebral, formada por uns ósos chamados vértebras. O corpo dos vertebrados ten simetría bilateral e está dividido en tres partes: cabeza, tronco e cola.
As extremidades dos vertebrados denotan o tipo de medio e forma de locomoción do animal. Os acuáticos teñen aletas e os terrestres teñen  4 extremidades en forma de patas , por iso se chaman TETRÁPODOS.