
Adeus a 2009, ano de Darwin, e benvido 2010 , Ano Internacional da
Biodiversidade. Charles Darwin , coa súa teoría da evolución, tentou dar resposta a preguntas como por que hai tantas especies distintas de seres vivos. Hoxe seguimos a facernos preguntas sobre a diversidade das formas de vida na Terra, mentres moitas especies desaparecen debido ao impacto das nosas actividades. Esperemos que esta celebración contribúa a que todos nos concienciemos de que cada especie é algo único e que a extinción é para sempre. A web
365especies.com proponvos coñecer cada día polo seu nome científico a unha dos millóns de especies coas que compartimos este planeta.