jueves, 31 de mayo de 2012

Clasificación dos animais

A parte da Bioloxía que estudia aos animais é a Zooloxía. Coñecemos  aproximadamente 1.750.000 especies de seres vivos, das cales 1.324.000 son animais. O reino animal divídese en varios Tipos ou Filos : Vertebrados ou Cordados, Poríferos, Cnidarios, Anélidos, Equinodermos, Moluscos, Artrópodos..., pero nos libros de texto aqueles tipos de animais  que carecen de esqueleto  ou que posúen esqueleto externo agrúpanse baixo o nome de INVERTEBRADOS.  Polo tanto, estudiaremos dous grandes grupos de animais: os que teñen esqueleto interno formado por ósos e cartílagos ou VERTEBRADOS, e os demáis ou INVERTEBRADOS.
Clasificación dos animais
Actividade de clasificación de animais

Imaxe tomada de: http://terra.dadeschools.net/Books/Biology/BiologyExploringLife04/0-13-115075-8/text/chapter23/concept23.9.html

O reino dos animais

 Inconscientemente todos sabemos cales son as principais características dos animais, de maneira que en xeral somos capaces de diferenciar un animal  dunha planta ou dun fungo. Pero non está de máis repasalas nonsí?.
nestas dúas ligazóns accederedes ás características xerais dos animais:
Animal Kalipedia
Reino Animal Proxecto Biosfera
 

domingo, 27 de mayo de 2012

Biodiversidade ameazada

A biodiversidade é a variedade de formas de vida que existen na Terra. Ao longo das eras, moitas especies foron extinguíndose e outras foron ocupando o seu lugar; todo elo sen intervención dos seres humanos. Pero a rápida expansión da nosa especie e o seu consumo de recursos naturais deixan cada vez menos para as especies que comparten con nós este planeta. Moitas xa desapareceron , sobre todo nos últimos 200 anos, pero o ritmo de perda de especies aumenta día a día. As causas son moitas: exceso de caza, pesca o recolección, destrucción e contaminación dos hábitats, introducción de especies exóticas.... Estaremos a tempo de frear esta destrucción?
Para o voso traballo deste trimestre, déixovos algunhas ligazóns útiles:
ARKIVE
Lista Vermella da IUCN
Ministerio de Medio Ambiente
Consellería de Medio Rural e Mar
E, como non!  wwf España (Espero que xa desposuiran ao Rei caza-elefantes da súa membresía como socio de honra)

Imaxe da Wikipedia

jueves, 17 de mayo de 2012

Os 5 reinos

A variedade de formas de vida no noso planeta  ou Biodiversidade, require un bo sistema de clasificación.  A disciplina que ten como obxectivo a clasificación chámase Taxonomía, e ás categorías que se crean para agrupar aos seres vivos  son os taxóns. Os taxóns están xerarquizados; o de maior xerarquía , é dicir , o máis amplo, é o REINO. Existen 5 Reinos de seres vivos, cada un dos cales comprende varios TIPOS (Filum ou División), cada tipo varias CLASES, cada clase varios ORDES, cada orde varias FAMILIAS, cada familia varios XËNEROS e, finalmente, cada xénero varias ESPECIES. O actual sistema de clasificación e nomenclatura dos seres vivos debémosllo ao botánico sueco Carl Nilsson Linæus, máis coñecido como Linneo.
Preme aquí para facer un exercicio sobre as categorías taxonómicas
Imaxe tomada da Wikipedia


martes, 15 de mayo de 2012

Células

As células son as unidades básicas do corpo dos seres vivos. Existen dúas clases de células: procarióticas- máis sinxelas e pequenas- e eucarióticas -máis complexas de de maior tamaño.  En calquera caso,  como as células son en xeral moi pequenas (mídense en micras), a súa observación só é posible a través do microscopio.
Os seres vivos poden ser unicelulares, formados por unha única célula, ou pluricelulares, formados por moitas células. O tamaño dun organismo pluricelular ten que ver co número de células que constitúen o seu corpo; canto máis grande, máis células. É dicir  que un elefante e unha mosca deben a súa diferencia de tamaño a que o primeiro está constituido por un maior número de células cá segunda; en ambas as dúas especies as células son dun tamaño similar.