domingo, 28 de marzo de 2010

Paseo marciano


Esta fotografía foi tomada pola sonda orbital MRO o pasado 13 de febreiro, e así aparece publicada hoxe no xornal El País. Fixádevos nese vultiño que aparece arrente o cráter: é o robot Opportunity, que percorre incansábel o chan do planeta vermello enviando os datos á Terra. Déixovos tres actividades para resolver:
1. Na actualidade hai dous robots activos máis explorando a superficie de Marte... cales son?
2. Como se chama o cráter que aparece na foto? Como se formou?
3. Que outros rasgos do relevo vedes na foto? Aseméllanse a algunha formación terrícola?

lunes, 8 de marzo de 2010

A estructura da atmosfera terrestre

Aquí tedes un par de vídeos sobre a estructura en capas da atmosfera terrestre.
Premer aquí para ver un deles, e aquí para ver outro. Nesta ligazón tedes un vídeo sobre o efecto invernadeiro
Tamén tedes este: