As aves son vertebrados terrestres que teñen como característica máis salientable a súa capacidade de voar. Son tetrápodos, porque teñen 4 extremidades, pero as dianteiras están transformadas en ás. Con todo , algunhas especies de aves perderon parcial ou totalmente a súa capacidade de voar. Cando camiñan, as aves empregan ás extremidades posteriores, é dicir, son bípedas. Teñen un peteiro córneo sen dientes, e sacos aéreos conectados cos pulmóns. Como os mamíferos, as aves son homeotermas ou endotermas e teñen o corpo envolto con plumas. Presentan fecundación interna e son ovíparas; o embrión desenvólvese nun ovo con amnios e casca ríxida.
Nos últimos anos, os investigadores están a atopar numerosas probas de que as aves descenden de pequenos dinosauros carnívoros. De feito varias especies de dinosauros tiñan plumas... de colores vivas!.
Anmación: Radiografía de las aves
O ovo das aves
Na imaxe Anchiornis huxleyi .... ave ou dinosauro? (imaxe tomada de http://www.cleveland.com/science/index.ssf/2010/02/the_colors_of_a_feathered_dino.html)
jueves, 7 de junio de 2012
Mamíferos
Os mamíferos somos vertebrados terrestres, o cal implica que somos tetrápodos, temos respiración pulmonar, pel impermeable (para diminuir a perda de auga) e cuberta de pelo, e fecundación interna. Ademáis, xunto coas aves, somos homeotermos ou endotermos. A diferencia doutros vertebrados, os mamíferos somos vivíparos e as nosas crías son alimentadas durante un tempo co leite segregado polas glándulas mamarias da nai.
Algúns mamíferos desenvolveron a capacidade de voar, e outros retornaron ao medio acuático. Da maioría que habita o medio terrestre, a locomoción é cuadrúpeda, pero non faltan exemplos de locomoción bípeda.
Algúns mamíferos desenvolveron a capacidade de voar, e outros retornaron ao medio acuático. Da maioría que habita o medio terrestre, a locomoción é cuadrúpeda, pero non faltan exemplos de locomoción bípeda.
Vertebrados
Os Vertebrados son un filo ou tipo de animais que se caracterizan por ter un esqueleto interno ou endoesqueleto composto por ósos ou cartílagos. O eixe do seu corpo está formado polo cráneo (caixa de ósos onde se aloxa o cerebro) e pola columna vertebral, formada por uns ósos chamados vértebras. O corpo dos vertebrados ten simetría bilateral e está dividido en tres partes: cabeza, tronco e cola.
As extremidades dos vertebrados denotan o tipo de medio e forma de locomoción do animal. Os acuáticos teñen aletas e os terrestres teñen 4 extremidades en forma de patas , por iso se chaman TETRÁPODOS.
As extremidades dos vertebrados denotan o tipo de medio e forma de locomoción do animal. Os acuáticos teñen aletas e os terrestres teñen 4 extremidades en forma de patas , por iso se chaman TETRÁPODOS.
jueves, 31 de mayo de 2012
Clasificación dos animais
A parte da Bioloxía que estudia aos animais é a Zooloxía. Coñecemos aproximadamente 1.750.000 especies de seres vivos, das cales 1.324.000 son animais. O reino animal divídese en varios Tipos ou Filos : Vertebrados ou Cordados, Poríferos, Cnidarios, Anélidos, Equinodermos, Moluscos, Artrópodos..., pero nos libros de texto aqueles tipos de animais que carecen de esqueleto ou que posúen esqueleto externo agrúpanse baixo o nome de INVERTEBRADOS. Polo tanto, estudiaremos dous grandes grupos de animais: os que teñen esqueleto interno formado por ósos e cartílagos ou VERTEBRADOS, e os demáis ou INVERTEBRADOS.
Clasificación dos animais
Actividade de clasificación de animais
Imaxe tomada de: http://terra.dadeschools.net/Books/Biology/BiologyExploringLife04/0-13-115075-8/text/chapter23/concept23.9.html
Clasificación dos animais
Actividade de clasificación de animais
Imaxe tomada de: http://terra.dadeschools.net/Books/Biology/BiologyExploringLife04/0-13-115075-8/text/chapter23/concept23.9.html
Etiquetas:
Animais,
Biodiversidade,
Bioloxía,
Biosfera,
Invertebrados,
Reino Animal,
Vertebrados,
Zooloxía
O reino dos animais
Inconscientemente todos sabemos cales son as principais características dos animais, de maneira que en xeral somos capaces de diferenciar un animal dunha planta ou dun fungo. Pero non está de máis repasalas nonsí?.
nestas dúas ligazóns accederedes ás características xerais dos animais:
Animal Kalipedia
Reino Animal Proxecto Biosfera
nestas dúas ligazóns accederedes ás características xerais dos animais:
Animal Kalipedia
Reino Animal Proxecto Biosfera
Etiquetas:
Animais,
Biodiversidade,
Bioloxía,
Biosfera,
Reino Animal
domingo, 27 de mayo de 2012
Biodiversidade ameazada
A biodiversidade é a variedade de formas de vida que existen na Terra. Ao longo das eras, moitas especies foron extinguíndose e outras foron ocupando o seu lugar; todo elo sen intervención dos seres humanos. Pero a rápida expansión da nosa especie e o seu consumo de recursos naturais deixan cada vez menos para as especies que comparten con nós este planeta. Moitas xa desapareceron , sobre todo nos últimos 200 anos, pero o ritmo de perda de especies aumenta día a día. As causas son moitas: exceso de caza, pesca o recolección, destrucción e contaminación dos hábitats, introducción de especies exóticas.... Estaremos a tempo de frear esta destrucción?
Para o voso traballo deste trimestre, déixovos algunhas ligazóns útiles:
ARKIVE
Lista Vermella da IUCN
Ministerio de Medio Ambiente
Consellería de Medio Rural e Mar
E, como non! wwf España (Espero que xa desposuiran ao Rei caza-elefantes da súa membresía como socio de honra)
Imaxe da Wikipedia
Para o voso traballo deste trimestre, déixovos algunhas ligazóns útiles:
ARKIVE
Lista Vermella da IUCN
Ministerio de Medio Ambiente
Consellería de Medio Rural e Mar
E, como non! wwf España (Espero que xa desposuiran ao Rei caza-elefantes da súa membresía como socio de honra)
Imaxe da Wikipedia
Etiquetas:
Biodiversidade,
Biosfera,
Especies ameazadas,
Extinción,
Seres vivos
jueves, 17 de mayo de 2012
Os 5 reinos
A variedade de formas de vida no noso planeta ou Biodiversidade, require un bo sistema de clasificación. A disciplina que ten como obxectivo a clasificación chámase Taxonomía, e ás categorías que se crean para agrupar aos seres vivos son os taxóns. Os taxóns están xerarquizados; o de maior xerarquía , é dicir , o máis amplo, é o REINO. Existen 5 Reinos de seres vivos, cada un dos cales comprende varios TIPOS (Filum ou División), cada tipo varias CLASES, cada clase varios ORDES, cada orde varias FAMILIAS, cada familia varios XËNEROS e, finalmente, cada xénero varias ESPECIES. O actual sistema de clasificación e nomenclatura dos seres vivos debémosllo ao botánico sueco Carl Nilsson Linæus, máis coñecido como Linneo.
Preme aquí para facer un exercicio sobre as categorías taxonómicas
Imaxe tomada da Wikipedia
Preme aquí para facer un exercicio sobre as categorías taxonómicas
Imaxe tomada da Wikipedia
Suscribirse a:
Entradas (Atom)