As aves son vertebrados terrestres que teñen como característica máis salientable a súa capacidade de voar. Son tetrápodos, porque teñen 4 extremidades, pero as dianteiras están transformadas en ás. Con todo , algunhas especies de aves perderon parcial ou totalmente a súa capacidade de voar. Cando camiñan, as aves empregan ás extremidades posteriores, é dicir, son bípedas. Teñen un peteiro córneo sen dientes, e sacos aéreos conectados cos pulmóns. Como os mamíferos, as aves son homeotermas ou endotermas e teñen o corpo envolto con plumas. Presentan fecundación interna e son ovíparas; o embrión desenvólvese nun ovo con amnios e casca ríxida.
Nos últimos anos, os investigadores están a atopar numerosas probas de que as aves descenden de pequenos dinosauros carnívoros. De feito varias especies de dinosauros tiñan plumas... de colores vivas!.
Anmación: Radiografía de las aves
O ovo das aves
Na imaxe Anchiornis huxleyi .... ave ou dinosauro? (imaxe tomada de http://www.cleveland.com/science/index.ssf/2010/02/the_colors_of_a_feathered_dino.html)
jueves, 7 de junio de 2012
Mamíferos
Os mamíferos somos vertebrados terrestres, o cal implica que somos tetrápodos, temos respiración pulmonar, pel impermeable (para diminuir a perda de auga) e cuberta de pelo, e fecundación interna. Ademáis, xunto coas aves, somos homeotermos ou endotermos. A diferencia doutros vertebrados, os mamíferos somos vivíparos e as nosas crías son alimentadas durante un tempo co leite segregado polas glándulas mamarias da nai.
Algúns mamíferos desenvolveron a capacidade de voar, e outros retornaron ao medio acuático. Da maioría que habita o medio terrestre, a locomoción é cuadrúpeda, pero non faltan exemplos de locomoción bípeda.
Algúns mamíferos desenvolveron a capacidade de voar, e outros retornaron ao medio acuático. Da maioría que habita o medio terrestre, a locomoción é cuadrúpeda, pero non faltan exemplos de locomoción bípeda.
Vertebrados
Os Vertebrados son un filo ou tipo de animais que se caracterizan por ter un esqueleto interno ou endoesqueleto composto por ósos ou cartílagos. O eixe do seu corpo está formado polo cráneo (caixa de ósos onde se aloxa o cerebro) e pola columna vertebral, formada por uns ósos chamados vértebras. O corpo dos vertebrados ten simetría bilateral e está dividido en tres partes: cabeza, tronco e cola.
As extremidades dos vertebrados denotan o tipo de medio e forma de locomoción do animal. Os acuáticos teñen aletas e os terrestres teñen 4 extremidades en forma de patas , por iso se chaman TETRÁPODOS.
As extremidades dos vertebrados denotan o tipo de medio e forma de locomoción do animal. Os acuáticos teñen aletas e os terrestres teñen 4 extremidades en forma de patas , por iso se chaman TETRÁPODOS.
jueves, 31 de mayo de 2012
Clasificación dos animais
A parte da Bioloxía que estudia aos animais é a Zooloxía. Coñecemos aproximadamente 1.750.000 especies de seres vivos, das cales 1.324.000 son animais. O reino animal divídese en varios Tipos ou Filos : Vertebrados ou Cordados, Poríferos, Cnidarios, Anélidos, Equinodermos, Moluscos, Artrópodos..., pero nos libros de texto aqueles tipos de animais que carecen de esqueleto ou que posúen esqueleto externo agrúpanse baixo o nome de INVERTEBRADOS. Polo tanto, estudiaremos dous grandes grupos de animais: os que teñen esqueleto interno formado por ósos e cartílagos ou VERTEBRADOS, e os demáis ou INVERTEBRADOS.
Clasificación dos animais
Actividade de clasificación de animais
Imaxe tomada de: http://terra.dadeschools.net/Books/Biology/BiologyExploringLife04/0-13-115075-8/text/chapter23/concept23.9.html
Clasificación dos animais
Actividade de clasificación de animais
Imaxe tomada de: http://terra.dadeschools.net/Books/Biology/BiologyExploringLife04/0-13-115075-8/text/chapter23/concept23.9.html
Etiquetas:
Animais,
Biodiversidade,
Bioloxía,
Biosfera,
Invertebrados,
Reino Animal,
Vertebrados,
Zooloxía
O reino dos animais
Inconscientemente todos sabemos cales son as principais características dos animais, de maneira que en xeral somos capaces de diferenciar un animal dunha planta ou dun fungo. Pero non está de máis repasalas nonsí?.
nestas dúas ligazóns accederedes ás características xerais dos animais:
Animal Kalipedia
Reino Animal Proxecto Biosfera
nestas dúas ligazóns accederedes ás características xerais dos animais:
Animal Kalipedia
Reino Animal Proxecto Biosfera
Etiquetas:
Animais,
Biodiversidade,
Bioloxía,
Biosfera,
Reino Animal
domingo, 27 de mayo de 2012
Biodiversidade ameazada
A biodiversidade é a variedade de formas de vida que existen na Terra. Ao longo das eras, moitas especies foron extinguíndose e outras foron ocupando o seu lugar; todo elo sen intervención dos seres humanos. Pero a rápida expansión da nosa especie e o seu consumo de recursos naturais deixan cada vez menos para as especies que comparten con nós este planeta. Moitas xa desapareceron , sobre todo nos últimos 200 anos, pero o ritmo de perda de especies aumenta día a día. As causas son moitas: exceso de caza, pesca o recolección, destrucción e contaminación dos hábitats, introducción de especies exóticas.... Estaremos a tempo de frear esta destrucción?
Para o voso traballo deste trimestre, déixovos algunhas ligazóns útiles:
ARKIVE
Lista Vermella da IUCN
Ministerio de Medio Ambiente
Consellería de Medio Rural e Mar
E, como non! wwf España (Espero que xa desposuiran ao Rei caza-elefantes da súa membresía como socio de honra)
Imaxe da Wikipedia
Para o voso traballo deste trimestre, déixovos algunhas ligazóns útiles:
ARKIVE
Lista Vermella da IUCN
Ministerio de Medio Ambiente
Consellería de Medio Rural e Mar
E, como non! wwf España (Espero que xa desposuiran ao Rei caza-elefantes da súa membresía como socio de honra)
Imaxe da Wikipedia
Etiquetas:
Biodiversidade,
Biosfera,
Especies ameazadas,
Extinción,
Seres vivos
jueves, 17 de mayo de 2012
Os 5 reinos
A variedade de formas de vida no noso planeta ou Biodiversidade, require un bo sistema de clasificación. A disciplina que ten como obxectivo a clasificación chámase Taxonomía, e ás categorías que se crean para agrupar aos seres vivos son os taxóns. Os taxóns están xerarquizados; o de maior xerarquía , é dicir , o máis amplo, é o REINO. Existen 5 Reinos de seres vivos, cada un dos cales comprende varios TIPOS (Filum ou División), cada tipo varias CLASES, cada clase varios ORDES, cada orde varias FAMILIAS, cada familia varios XËNEROS e, finalmente, cada xénero varias ESPECIES. O actual sistema de clasificación e nomenclatura dos seres vivos debémosllo ao botánico sueco Carl Nilsson Linæus, máis coñecido como Linneo.
Preme aquí para facer un exercicio sobre as categorías taxonómicas
Imaxe tomada da Wikipedia
Preme aquí para facer un exercicio sobre as categorías taxonómicas
Imaxe tomada da Wikipedia
martes, 15 de mayo de 2012
Células
As células son as unidades básicas do corpo dos seres vivos. Existen dúas clases de células: procarióticas- máis sinxelas e pequenas- e eucarióticas -máis complexas de de maior tamaño. En calquera caso, como as células son en xeral moi pequenas (mídense en micras), a súa observación só é posible a través do microscopio.
Os seres vivos poden ser unicelulares, formados por unha única célula, ou pluricelulares, formados por moitas células. O tamaño dun organismo pluricelular ten que ver co número de células que constitúen o seu corpo; canto máis grande, máis células. É dicir que un elefante e unha mosca deben a súa diferencia de tamaño a que o primeiro está constituido por un maior número de células cá segunda; en ambas as dúas especies as células son dun tamaño similar.
Os seres vivos poden ser unicelulares, formados por unha única célula, ou pluricelulares, formados por moitas células. O tamaño dun organismo pluricelular ten que ver co número de células que constitúen o seu corpo; canto máis grande, máis células. É dicir que un elefante e unha mosca deben a súa diferencia de tamaño a que o primeiro está constituido por un maior número de células cá segunda; en ambas as dúas especies as células son dun tamaño similar.
jueves, 12 de abril de 2012
O ciclo da auga
Na páxina 146 do voso libro de texto tedes un bo esquema do ciclo da auga, pero sempre resulta mellor apreciar o movemento . Unha animación axuda a captar a idea de que a auga do noso planeta está constantemente desprazándose dun lugar a outro e cambiando de estado. Mirade a animación e descubride os erros que ten (hai algún moi rechamante!).
Ir á animación
Ir á animación
viernes, 23 de marzo de 2012
Día mundial da auga
Onte empezamos o tema da hidrosfera e non puidemos escoller mellor data, porque celebrábase o Día Mundial da Auga. Déixovos algunhas ligazóns sobre este tema.
Semana del agua
ONU Agua
Blog 3500 Millones
Artigo El País
Semana del agua
ONU Agua
Blog 3500 Millones
Artigo El País
viernes, 9 de marzo de 2012
Fontes de enerxía
Agás para o transporte, a maior parte da enerxía que consumimos é eléctrica. Aquí vos deixo unha serie de animacións que mostran como se obtén electricidade de distintas fontes primarias.
Eólica
Solar fotovoltaica
Hidráulica
Xeotérmica
Biomasa
Eólica
Solar fotovoltaica
Hidráulica
Xeotérmica
Biomasa
Etiquetas:
Electricidade. fontes de enerxía,
enerxía
domingo, 26 de febrero de 2012
Combustibles fósiles : o carbón
A principal fonte de enerxía primaria que sostén á nosa sociedade son os combustibles fósiles: carbón, petróleo e gas natural. Un combustible é un material rico en enerxía almacenada; para poder utilizar esa enerxía hai que queimar o combustible, pero a combustión xenera vapor de auga o dióxido de carbono, que son gases invernadeiro. O primeiro combustible fósil que a humanidade empregou a gran escala foi o carbón. Foi a enerxía proporcionada polo carbón a que nos permitiu entrar na era industrial e, ainda hoxe , a maior parte da electricidade que se produce no mundo procede da queima de carbón en centrais térmicas.
Para sabeir máis sobre o carbón , a súa extracción e o seu uso, preme na seguinte ligazón:
O carbón e as centrais térmicas
Para sabeir máis sobre o carbón , a súa extracción e o seu uso, preme na seguinte ligazón:
O carbón e as centrais térmicas
O efecto invernadeiro
O efecto invernadeiro é un fenómeno natural
que permite manter a atmosfera terrestre a unha temperatura media global duns 15ºC ; de non existir , a temperatura media global da Tera sería duns -18ºC . Os principais gases causantes do efecto invernadeiro -chamados gases invernadeiro- son o vapor de auga, o dióxido de carbono (CO2) eo metano (CH4). Como funciona o efecto invernadeiro?
Os movementos da Terra e as estacións
Déixovos agora unha estupenda animación sobre os movementos de rotación e traslación do noso planeta no que se pode apreciar o efecto destes movementos xunto co da inclinación do eixe de rotación na alternancia luz-escuridade e na sucesión de estacións. A animación procede dunha web de Chile, así que está feita dende a perspectiva dos habitantes do hemisferio sur (lembrade que cando alí é verán, aquí é inverno e viceversa)
ver animación
Por se no vos chega, aquí tedes unhas cantas animacións máis, disfrutádeas!
Solsticios e equinoccios
Classzone
Earth's orbit and daylight
Seasons and ecliptic simulator
ver animación
Por se no vos chega, aquí tedes unhas cantas animacións máis, disfrutádeas!
Solsticios e equinoccios
Classzone
Earth's orbit and daylight
Seasons and ecliptic simulator
Etiquetas:
Astronomía,
Día e noite,
Estacións,
Movementos da Terra,
Rotación,
Terra,
Terra no espazo,
Traslación
Máis sistema solar
Déixovos máis ligazóns sobre o sistema solar. A primeira da listaxe é unha aplicación interactiva moi sinxela e entretida na que atoparedes os datos básicos sobre o sistema solar. A segunda é unha animación publicada cando se descubriu o primeiro planeta anano máis aló de Plutón, e que fixo cambiar o concepto de planeta (por certo a ese novo corpo púxoselle daquela o nome de Xena, pero posteriormente foi rebautizado como Eris). A terceira ligazón ten información xeral , moi práctrica, sobre as características dos distintos corpos do sistema solar e. A última ligazón conduce a un planetario virtual animado.
El sistema solar
Animación flash novo sistema solar
Solarviews
Virtual planetarium
El sistema solar
Animación flash novo sistema solar
Solarviews
Virtual planetarium
Etiquetas:
Animacion,
Astronomía,
Planetas,
Sistema solar,
Universo
Visor do sistema solar
Na ligazón que vos achego, tedes un visor animado e interactivo do sistema solar. Como está en inglés, tradúzovos as instruccións:
Marcando Inner solar system, veredes a parte interna do sistema solar , é dicir, os catro planetas máis próximos ao Sol. Marcando Asteroid belt, aparecerá todo o anterior (máis pequeno) , o cinto de asteroides e Xúpiter. Marcando Outer solar system veredes as órbitas dos planetas máis alonxados do Sol de modo que todo o anterior estaría entre o Sol e Xúpiter...E descubride vós o que pasa se marcades Kuiper belt e Comets.
Para que a animación vaia máis lenta premede no teclado a letra s ou S, e para que vaia máis rápido, premede a letra f ou F.
Ir ao visor do sistema solar
Marcando Inner solar system, veredes a parte interna do sistema solar , é dicir, os catro planetas máis próximos ao Sol. Marcando Asteroid belt, aparecerá todo o anterior (máis pequeno) , o cinto de asteroides e Xúpiter. Marcando Outer solar system veredes as órbitas dos planetas máis alonxados do Sol de modo que todo o anterior estaría entre o Sol e Xúpiter...E descubride vós o que pasa se marcades Kuiper belt e Comets.
Para que a animación vaia máis lenta premede no teclado a letra s ou S, e para que vaia máis rápido, premede a letra f ou F.
Ir ao visor do sistema solar
Etiquetas:
Animaciones,
Astronomía,
Planetas,
Sistema solar,
Universo
domingo, 15 de enero de 2012
A imaxe astronómica do día
Aquí tedes a ligazón para acceder á web "Astronomic Picture of the Day". A fotografía corresponde a "Nebulosa do Cangrexo". Disfrutade das imaxes!
http://apod.nasa.gov/apod/ .
http://apod.nasa.gov/apod/ .
Etiquetas:
Astronomía,
Nebulosas,
Supernovas,
Universo
Suscribirse a:
Entradas (Atom)